Fundación Dignidade

PROMOCIÓN INTERNA .EDUCADOR/A SOCIAL CIEMA

Fundación Dignidade  •  Lugo, ES (Onsite)  •  2 days ago
Apply
AI can make mistakes so check important info. Chat history is never stored.

Job Description

Educador/a Social – CIEMA

Dende a Fundación Educativa e Social Dignidade abrimos un proceso interno, dirixido ao persoal de todos os recursos da entidade, para a cobertura temporal dun posto de Educador/a Social no CIEMA.

A contratación realizarase para a substitución dunha persoa traballadora con reserva de posto de traballo, cunha duración inicialmente prevista dun ano.

Funcións principais do posto

A persoa seleccionada encargarase da intervención educativa e do seguimento de menores en cumprimento de medidas xudiciais en medio aberto, favorecendo o seu desenvolvemento persoal, familiar e social.

Entre as súas principais funcións destacan:

  • Elaboración e seguimento dos programas individualizados de execución de medidas (PIEM).
  • Intervención educativa individualizada coas persoas menores e as súas familias.
  • Elaboración de informes de seguimento, incidencias e finalización das medidas.
  • Coordinación cos recursos e profesionais implicados na intervención.
  • Participación na planificación, desenvolvemento e avaliación das actividades e programas do CIEMA.

Presentación de candidaturas

As persoas interesadas deberán presentar a súa candidatura, acompañada dunha breve exposición da súa motivación e interese polo posto.

As candidaturas recibidas serán valoradas tendo en conta a motivación, o perfil profesional e a adecuación ás funcións do posto.

Fundación Dignidade

About Fundación Dignidade

Industry
Unknown
Company Size
Unknown
Headquarters
Unknown
Year Founded
Unknown
Social Media